Aberta a inscrición do cuarto e último roteiro do programa «Móvete en Valdoviño»

Cunha duración estimada de dúas horas e un total de oito quilómetros a última ruta desta actividade terá lugar o vindeiro sábado 29 de agosto
MIRADOIRO DO PARAÑO

O miradoiro do Paraño será un dos puntos destacados da cuarta e última ruta do programa «Móvete en Valdoviño» que organiza o Concello a través da Concellería de Deportes. Tras percorridos por Vilaboa e Loira, Pantín e Vilarrube e Meirás, esta última ruta desenvolverase pola parroquia de Valdoviño. Cunha duración estimada de 2 horas e 8 kms a percorrer, terá lugar este sábado 29 de agosto, dirixida a persoas maiores de 18 anos. Partirá ás 10 horas e o punto exacto de saída comunicarase ás persoas participantes. Con prazas limitadas, a inscrición ábrese hoxe luns 24 de agosto.

As persoas interesadas en tomar parte poden anotarse enviando un correo electrónico ao enderezo [email protected] ou un whatsapp ao número 626465531 sinalando nome e apelidos, DNI, data de nacemento, localidade de empadronamento e teléfono de contacto. O prazo conclúe este
xoves e as prazas están limitadas a 50.

Recomendacións sanitarias

Sen dúbida, a mellor forma de coñecer Valdoviño e a súa contorna natural e, ao mesmo tempo, fomentar hábitos saudables a través do deporte. Nesta liña, a situación derivada da COVID-19 obriga ao Concello a plantear unha serie de recomendacións imprescindibles para tomar parte nas rutas como son: o uso obrigatorio de mascarilla e levar nas rutas un pequeno bote con líquido desinfectante para as mans. Así mesmo, cada participante levará o seu propio material deportivo e a súa bebida e comida. Durante a marcha, é recomendable camiñar en paralelo cunha distancia mínima de 1,5-2 metros (en caso de que non sexa posible manter esta distancia debido á existencia de vías estreitas farase en fila de un, respetando as distancias entre o anterior e o seguinte participante).

As paradas de descanso que se realizarán durante a ruta serán en lugares amplos onde se poidan manter as distancias de seguridade e, se algún participante necesita algún tipo de axuda, para acceder a algún lugar, será obrigatorio a posterior desinfección das mans. Como recomendacións xerais para asistir á ruta, a Concellería de Deportes lembra a importancia de levar: mascarilla e xel hidroalcólico (obrigatorio); roupa e calzado cómodo; gorra, visera ou similar; protección solar; auga e algún alimento (froita, barrita enerxética, etc), e chuvasqueiro (dependendo das condicións climatolóxicas).

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.