Comeza o obradoiro «Cousas de mulleres» de Ortigueira, unha reflexión con perspectiva de xénero

A solidariedade e o apoio mutuo entre as mulleres son algunhas das vantaxes que terá este proxecto onde elas mesmas debatirán sobre diversas situacións persoais
IMG_20200824_112022

O Centro de Información á Muller de Ortigueira comunica o comezo do obradoiro «Cousas de Mulleres», unha actividade promovida pola Concellería de Igualdade e cofinanciada pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo para abordar as situacións persoais que viven as mulleres polo simple feito de selo.

As participantes debatirán colectivamente e reflexionarán de xeito individual sobre estas circunstancias utilizando materiais como vídeos e lecturas. A actividade desenvólvese no Centro Social de Ortigueira ata o 1 de setembro a través da empresa Promove.

Entre os seus obxectivos está potenciar a sororidade, a solidariedade entre mulleres para resolver os problemas común partindo da complicidade e o apoio mutuo.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.