Este ano o recoñecido Pan de Neda terá premio

A pesar da anulación da Festa do Pan de Neda, este ano a cidadanía poderá compartir as súas receitas caseiras en redes sociais e optar a unha recompensa para todos os gustos
MG_5478-cortada-e1597401058424

A Festa do Pan de Neda dá o salto ás redes sociais e, aínda que por cuestións de seguridade este ano o Concello e as panaderías decidían trasladar á súa celebración ao 2021, non queren renunciar á promoción do produto estrela do municipio.

Por isto, danse a man para poñer en marcha diversas iniciativas coas que dar a coñecer e pór en valor o pan de Neda xunto á veciñanza. Así, dende hoxe e ata o vindeiro domingo 30 de agosto, Concello e panaderías convidan á cidadanía a enviar as súas fotos da celebración da Festa do Pan, dende os seus inicios en Albarón ata o 2019, xa sexa de merendas familiares, do concurso de empanadas, actuacións, xentes, postos de pan… todas elas serán publicadas nas redes sociais do Concello entre o venres 4 e o domingo 6 de setembro.

Así mesmo dende hoxe e ata o domingo 30 a veciñanza tamén poderá remitir as súas receitas caseiras de pan, empanada ou doce, acompañadas dunha imaxe do resultado final ou un vídeo explicativo cos pasos a dar. Nesta ocasión, o Concello compartirá imaxes e vídeos nas redes sociais entre o martes 1 e o xoves 3 de setembro. Fotografías e material audiovisual deben remitirse por whatsapp ao número 650 484 521, namentras que as receitas por escrito deben enviarse ao correo [email protected]. En todos os envíos faranse constar os datos da persoa participante: nome e apelidos, DNI, teléfono e localidade de empadroamento.

Unha iniciativa con premio

Entre os participantes sortearanse 8 lotes de produtos das panaderías que participarían cun posto de venda ou aportando produtos para a súa degustación no xantar popular na Festa do Pan 2020: La Gallega, Modesto Hermida, Germán, Santa   Rita, Paca Castro Romero, J. Castro, La Nueva e Viúda de Romero, valorados cada un deles en 100 euros. A cada participante asignaráselle un número e o sorteo terá lugar o luns 7 de setembro na casa consistorial e en presenza do secretario municipal. Ao seu remate, comunicarase o resultado ás persoas gañadoras, que terán que recoller o premio antes das 14 horas.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.