Destinaranse máis de 325.000 euros á rehabilitación da área Ferrol Vello-A Magdalena

A administración local trata de centrar a acción e os esforzos nunha zona na que o goza dunha especial demanda por parte da veciñanza
20180505190104-1-1140x570

A Xunta de Goberno Local acordou esta mañá do luns 24 de agosto aprobar as memorias-programa requeridas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo -IGVS- no marco do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, na anualidade 2020.

Logo de que a semana pasada o IGVS lle notificara ao Concello o financiamento máximo que lle foi concedido, a Administación local ferrolá vaille remitir en breve ao organismo da Xunta de Galicia toda a documentación requirida para optar a el. Trátase dunha cantidade «moi inferior á solicitada», explicou o voceiro do goberno local, Julián Reina, na súa comparecencia posterior á reunión do equipo de goberno. Pese a elo, o Concello quere darlle un novo impulso ao traballo de rehabilitación e mostrar o seu compromiso coa recuperación de vivendas, xa que Ferrol é «unha das cidades galegas que máis rehabilita», lembrou o edil.

Orzamento dirixido só á área Ferrol Vello-A Magdalena

Para continuar este programa, Ferrol vai dispoñer de 275.000 euros que aportará o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e 57.750 que achegará a Xunta. Segundo explicou Reina, esas cantidades vanse dedicar integramente a unha das catro áreas de rehabilitación que ten a cidade: Ferrol Vello-A Magdalena.

O motivo é que as subvencións en marcha na Graña e en Esteiro Vello aínda non se consumiron, mentres que o Concello está a destinar unha importante cantidade de fondos propios á recuperación de Recimil. Trátase de centrar a acción e os esforzos nunha zona na que o Concello detectou unha especial demanda.

 

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.