Primeiro hospitalizado por Covid-19 en Ferrol nesta segunda onda de contaxios

Tras este novo ingreso a área sanitaria de Ferrolterra deixa de ser a única zona de Galicia que mantiña libres os seus centros hospitalarios
chuf

Sete novos casos activos por Covid-19 nas últimas 24 horas na área sanitaria de Ferrol elevan o número total de contaxios a 118 tras coñecerse dúas altas máis no día de onte. Unhas cifras que non se vivían desde mediados do mes de maio, cando aínda o país se atopaba en pleno confinamento.

Porén, a situación era moito peor xa que había un elevado número de hospitalizados que precisaban asistencia médica, algo que non era necesario nesta nova onda de contaxios ata hoxe, tras coñecerse ao primeiro paciente ingresado pola Covid-19 na área sanitaria de Ferrolterra, mentres que os outros 117 positivos seguen illados nos seus respectivos domicilios.

Ata o de agora o número de probas PCR realizadas polo complexo hospitalario de Ferrol é de aproximadamente 24.200, cunha media de máis de 200 ao día. Cabe destacar que na última semana tan só un 3,7% das persoas sometidas ás probas arroxaron un resultado positivo A maiores tamén se está a facer un rastreo exhaustivo de todos aqueles veciñas e veciñas que tiveron contacto cos novos contaxiados para evitar a propagación continuada do virus.

Un novo positivo en Navantia

Tras coñecerse nestos últimos días un total de tres novos positivos nos estaleiros de Navantia, onte mesmo volveu a saltar a alarma dentro da empresa naval tras saír a luz o posible contacto dun traballador cun positivo. O suposto operario pertencente ao departamento de Reparaciones notificouno a Navantia, polo que tanto a propia empresa como o Sergas iniciaron o dispositivo de rastrexo entre o resto de traballadores do propio departamento para evitar unha posible propagación do virus. Polo momento o operario que deu a voz de alarma mantense confinado no seu domicilio a esperas do resultado da proba.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.