O grupo municipal do Popular Popular criticou con dureza esta semana a decisión adoptada por Ángel Mato e o seu equipo de goberno, despois de que estes optaran por continuar coa celebración das festas a pesar da segunda onda de contaxios do Covid que vive a na comarca. Os populares aseguraron que «nunha semana onde se aumentaron nun millar os contaxios en Galicia e donde en Ferrol superouse o centenar de afectados pola Covid-19, non podemos comprender como se continúa co Plan de Festas».
O goberno socialista quixo aproveitar estas reprimendas para subliñar as estritas medidas de seguridade que se están a levar a cabo en todas as actividades realizadas ata o momento. «Esta fin de semana na Praza de Armas estaban os Bombeiros, a Policía e Protección Civil con camión, ambulancia e coches patrulla máis un vehículo de intervención rápida.
Todo isto a maiores do persoal de seguridade que conduce a cada espectador a súa cadeira, «respetando en todo momento a distancia de seguridade», aseguran os socialistas, quenes afirman que se seguen a estritamente todos os protocolos de seguridade para permitir que calquera veciño poda acudir ás festas da cidade sen que esto signifique ter que expoñer a súa saúde a perigos innecesarios.
Críticas a destempo
Por todo isto, dende o goberno local non son «capaces de entender o súbito rexeitamento» por parte dos populares, «os cales – subliñan desde o grupo socialista- en ningún momento previo á celebración das festividades negáronse a realización das mesmas». «É curioso que o PP esperara a que as festas comezaran para dicir que non había que facelas, mentres que na Xunta de Voceiros, cando se lle preguntou sobre a súa postura, estes rexeitaron pronunciarse nin a favor nin en contra», critican desde o Concello.
«Tamén sorprende», insisten desde o goberno de Mato, «que soliciten a cancelación das festa e non dixeran nada respecto a outros eventos celebrados na cidade durante este fin de semana» e que congregaron a milleiros de persoas.