O Punto de Atención á Infancia de Valdoviño prepárase fronte á Covid-19

Na entrada crearase un acceso para que as familias podan deixar aos nenos e nenas, ademais de outras obras que permitan acondicionar o lugar
OBRAS_AULA1

O Concello de Valdoviño está a realizar diferentes actuacións na Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia para adaptar as instalacións aos protocolos de prevención fronte á Covid-19 estipulados polas Consellerías de Política Social e de Sanidade da Xunta de Galicia.

O curso arrancará o 4 de setembro segundo esas mesmas directrices, e o Concello quere facelo coas máximas garantías posibles para os 13 nenos e nenas que formalizaron a súa inscrición no mes de xuño. Deste xeito, o equipo do PAI leva semanas traballando para adaptar as normas de funcionamento ás pautas marcadas e, a maiores, as directrices esixidas obrigan a acondicionar o espazo.

Así, na parte frontal crearase un acceso previo á entrada actual onde as familias deberán deixar aos nenos e nenas. Iso si, de forma escalonada. Evitarase así que os proxenitores accedan ao interior -salvo causa de forza maior-, minimizando riscos e contactos. Para tal fin estase a realizar unha estrutura de madeira e cristal.

Ademais, crearase unha aula independente no exterior do inmoble que servirá de espazo de illamento no caso de que algún/ha menor presente síntomas compatibles coa Covid-19. Deste xeito, a crianza agardará acompañada por unha educadora pola chegada da súa familia evitando de inmediato o contacto cos demais nenos e nenas. Así mesmo, as traballadoras están a recibir formación específica en materia de prevención da Covid-19 e a limpeza das instalacións será continua, con produtos especiais.

Nesta liña, o Concello vén de adquirir un equipo para a desinfección a temperatura axeitada dos elementos de xogo. Pola súa banda, a Consellería de Política Social comprometeuse a remitir semanalmente ao centro material de protección básico -máscaras cirúrxicas, solución hidroalcohólica, luvas, desinfectante superficies-, así como material de protección avanzado para que se dispoña do necesario no suposto de se produciren casos sospeitosos de contaxio ou positivos no centro.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.