390 aspirantes a mariñeiro incorpóranse ás escolas de Ferrol

Os novos alumnos entrarán de maneira escalonada e efectuándolles tests rápidos de detección para evitar calquera posible contaxio dentro das dúas escolas
ESCAÑO 2

Aspirantes a mariñeiro do primeiro ciclo de selección do ano 2020 comezaron a súa incorporación ás escolas de Ferrol. Das dúas presentes, 250 alumnos pertencen á Escola de Especialidades «Antonio de Escaño» e 140 á Escola de Especialidades da Estación Naval da Graña.

A incorporación, que se efectúa seguindo todas as recomendacións hixiénico-sanitarias establecidas pola Inspección Xeral de Sanidade do Ministerio de Defensa, farase de forma graduada e efectuaráselles un test rápido de detección previo á súa incorporación.

Os aspirantes a mariñeiro comezan así a fase de formación xeral, que durará ata finais de outubro. En novembro comezarán a fase de formación específica ata o mes de maio de 2021, cando finalizarán a súa formación pasando destinados ás diversas unidades da Armada.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.