A exposición fotográfica «Ondas» ampliará as súas datas de visita ata o 15 de setembro

Os amantes do surf poderán visitar o Oceano Surf Museo de Valdoviño para gozar das instantáneas do fotógrafo galego José Dopico
30441035_10211849201971807_8656390586611269632_n-960x570

Os amantes do surf están de noraboa. O Oceáno Surf Museo de Valdoviño ampliará as datas de visita da exposición Ondas do fotógrafo galego José Dopico, máis coñecido como «Dopi», que inicialmente ía clausurarse este venres.

Así, estará a disposición do público ata o 15 de setembro, de mércores a domingo de 10.00 a 14.00 horas e martes, venres, sábado e domingo de 17.00 a 19.30 horas. «Dopi» descubriu no mar a súa paixón pola fotografía hai 15 anos. Comezou inmortalizando momentos cunha cámara acuática dun só uso ata que puido mercar a súa primeira cámara dixital, para a que el mesmo fabricou unha carcasa acuática con materiais caseiros.

Este amante da familia, do mar e da fotografía de surf, recoñecido dentro e fóra das nosas fronteiras, traballa e colabora con diversas marcas e revistas, escolas de surf e mesmo coa Federación Española de Surfing. As súas viaxes por todo o mundo, das que garda unha especial lembranza de Sumatra e Java, están cheas de anécdotas e capturas moi especiais, aínda que a súa inspiración de base está sempre en Galicia. Entre as súas praias preferidas están Valdoviño e Doniños -Ferrolterra-, así como Lariño -en Fisterra- ou Burela -en Lugo-.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.