O Bertón, o Montón e o parque traseiro do Torrente Ballester quedarán libres de maleza

O Concello de Ferrol acaba de anunciar a adxudicación dun novo contrato para facer traballos de mantemento e conservación nestas zonas verdes públicas
19025210_785559644937286_3181049072958401376_o

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Medio Ambiente dirixida pola edil, Ana Lamas, vén de adxudicar un contrato para facer traballos de mantemento e conservación das zonas verdes públicas do Bertón, o Montón e do centro cultural Torrente Ballester por un importe total de 13.471,92 euros.

Tal el como explicou a concelleira, ditas zonas non estaban incluídas no contrato de mantemento do ano 2013, polo que o goberno local vén de contratar traballos para a súa conservación con fin de «coidar» ditos espazos e dar resposta ás demandas veciñais. Tanto o parque traseiro do Torrente Ballester como a zona do Bertón e o Móntón, entre outros espazos, estarán incluídos no novo prego do contrato de Xardíns, no que a concellería de Medio Ambiente está a traballar de forma “intensa”, tal e como explicou Lamas.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.