A actuación de Sara Correira trasládase ao Auditorio de Ferrol

O concerto previsto para mañá xoves 27 de agosto ás 21.30 horas na praza de Armas cambiará de emprazamento polas previsións meteorolóxicas adversas
22195541_487917624905565_6112929963133133767_n

O concerto previsto para mañá xoves, 27 de agosto, ás 21.30 horas na praza de Armas trasládase ao Auditorio de Ferrol por mor da previsión meteorolóxica de choiva. Sara Correira, un dos meirandes talentos emerxentes do fado contemporáneo, será un dos pratos fortes da programación deste mes de agosto.

Á mesma hora terá lugar no parque Raíña Sofía unha nova sesión de cine en familia con As vacacións do señor Hulot. Todas as actuacións estanse a celebrar cumprindo as medidas de protección con motivo da Covid-19, entre as que se inclúen o control da afluencia de público mediante a reserva de entradas -de balde- a través da plataforma Ataquilla.com.

Estableceuse un máximo de dúas entradas por reserva para actividades de adultos e de catro por reserva para actividades infantís. A desinfección de mans será obrigatoria á entrada ao recinto e haberá que permanecer na cadeira asignada, sempre usando a máscara de protección durante todo o evento. A entrada ao recinto e saída realizaranse de xeito gradual, coordinadas polo persoal de acomodo.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.