O servizo Marítimo da Garda Civil da Coruña en colaboración co servizo de Guardapescas da Confraría de Mugardos , procederon ao comiso de 14 kg de ameixa. Os feitos ocorreron cando sobre as 16.50 horas os axentes observaron a unha persoa realizando o exercicio da actividade extractiva na zona da enseada da Barca , saíndo pola zona do Seixo cunha bolsa de rede de cor negra que contiña marisco e un apeiro utilizado para a extracción.
Unha vez identificado comprobouse que se trataba dun veciño de Narón de 50 anos de idade ao que se lle ocupan 6,5 kg de ameixa e un sacho , procedendo a sementa da ameixa e comiso do apeiro.
Ás 17.15 horas os mesmos axentes observaron novamente a unha persoa realizando a actividade extractiva pola zona da Rampla do Seixo , saíndo á media hora cunha bolsa de plástico de cor branca dirixíndose a pé cara á localidade, momento no que se procede á súa identificación, comprobando os axentes que o individuo carecía de autorización e que leva 7,5 kg de ameixa xapónica que se lle comisou e posteriormente sementouse pola mesma zona. A segunda persoa interceptada resultou ser un veciño da localidade de Mugardos de 43 anos.
Confecciónanse senllas denuncias por infracción á Lei de Pesca de Galicia para remisión á Conselleria do Mar da Coruña.