O Concello de Ferrol recopila unha guía para loitar contra a violencia de xénero

A concellería de Muller e Igualdade elaborou a maiores un documental onde se amosan e explican os recursos aos que as vítimas desta lacra social poden acceder
eliminacion-violencia_0-689x400

A concelleira de Muller e Igualdade, Cristina Prados, presentou esta mañá do mércores 26 de agosto no pazo municipal a Guía de recursos fronte á violencia de xénero en Ferrol. Esta publicación, elaborada con cargo á subvención do pacto de Estado contra a violencia machista, ten como obxectivo converterse «nunha ferramenta útil para as mulleres en situación de vulnerabilidade», dixo a edil.

Unha guía e un documental contra a violencia de xénero

Nela están recollidos todos os servizos gratuitos a disposición das mulleres que o propio Concello, a Administración autonómica e o Estado poñen a disposición para acompañalas e apoialas. No caso de Ferrol, se canalizan a través da concellería de Muller e Igualdade -o Centro de Información á Muller, as actividades de prevención que se desenvolven a través da animación sociocultural e a Casa de Acollida-.

O lanzamento da guía vai acompañado da realización dun pequeno documental no que as propias técnicas explican de primeira man cal é o seu traballo á fronte destes recursos e cómo poden acceder a eles as mulleres. Esta é a segunda fase da campaña «Nunca é tarde para ser libre, Ferrol abre a porta contigo».

Na primeira, a través dun audiovisual e da promoción en medios de comunicación e redes sociais, o obxectivo era que as mulleres, de ser o caso, se identificasen como vítima. Nesta ocasión o que se pretende é  que non estean soas e que poden saír da espiral do maltrato e retomar a súa vida autónoma, independente e segura.

A publicación estará dispoñible nas redes sociais de Muller e Igualdade, así como nas do Concello e na web municipal. Tamén se poderá recoller nas instalacións municipais. A reportaxe audiovisual xa se pode ver na canle do Concello en YouTube.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.