Ferrol creará un novo organismo para mellorar a calidade de vida dos colectivos sociais máis vulnerables

O novo "Consello Sectorial municipal de Benestar Social" encargarase de aumentar a participación cidadá e escoitar ás entidades sociais locais para traballar de maneira conxunta
obras plaza armas ferrol final (20)

O Boletín Oficial da Provincia -BOP- acaba de publicar a aprobación inicial do regulamento do Consello Sectorial municipal de Benestar Social, un novo organismo que terá como fin a promoción das políticas sociais municipais e das asociacións vencelladas co benestar social. Tras a súa publicación no BOP o pasado luns, ábrese un prazo de 30 días desde onte para presentar reclamacións e suxerencias. Do mesmo xeito anunciouse o prazo tamén  de 30 días para presentar novas solicitudes para que as entidades e particulares que quedaron fóra poidan aínda inscribirse.

Obxectivos do novo organismo

A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, explicou que o novo organismo tamén promoverá o asociacionismo vencellado coa política social e a coordinación entre entidades, elaborará propostas e potenciará a realización de estudos de investigación sobre a situación social de Ferrol, co fin de valorar e optimizar as actividades e recursos da concellería de Benestar Social e das entidades que integran o novo consello.

Potenciará ademais a inclusión social e a calidade de vida dos colectivos en situación de vulnerabilidade, risco de exclusión ou exclusión social da cidade mediante a participación activa dos seus representantes e particulares. En definitiva, o Concello busca coa creación do primeiro Consello Sectorial de Benestar Social de Ferrol «promover e aumentar a participación cidadá e escoitar ás entidades sociais da cidade e mellorar a xestión nesta materia», resumía a edil.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.