No lugar de A Casanova, na parroquia da Barqueira no municipio de Cerdido, aproximadamente ás 20.00 horas de onte mércores, 26 de agosto, un veciño da zona atopou os restos óseos dun corpo humano mentres estaba a realizar tareas de roza.
Dende que se produciu o achado varios axentes da Garda Civil achegáronse ao lugar dos feitos para acordoar o lugar o máis rápido posible e así evitar a intromisión dos veciños da zona na investigación. Xa hoxe a primeira hora da mañá desprazáronse varios dispositivos policiais, axentes da Policía Científica e Policía Xudicial da Garda Civil para intentar desvelar a identidade do cadaver atopado tras as probas forenses.
Porén, tras atopar o corpo sen vida saltaron todas as alarmas e comezaron as especulacións sobre a quen podería pertencer estes restos óseos. De feito, as pesquisas realizadas ata o momento apuntan a que pode tratarse de Yago de la Puente, un xoven de A Coruña cuxo sinal perdeuse o 14 de xullo do ano pasado, cando o mozo estaba a regresar do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.
Tras a desaparición de Yago foron numerosos os dispositivos policiais despregados para intentar atopar unha nova pista que achegara os axentes a descubrir o seu paradero, pero ata o momento non se volveu a saber nada do desaparecido.