Cedeira súmase á transición ecolóxica para loitar contra o cambio climático

Energal SL encargarase de percorrer os comercios locais para reducir o consumo enerxético, ademais doutras medidas para reducir as emisións contaminantes
smog-smoke-burning-of-waste-air-pollution-breathe-healthy-air-health-pollution-breath

O Concello de Cedeira chama á colaboración dos comerciantes da localidade a participar nunha campaña que dará como resultado a elaboración dun Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible -PACES-. Trátase dun documento estratéxico para avanzar, desde a administración local, nos obxectivos da Unión Europea cara ao ano 2030 e reducir as emisións do CO2 no conxunto do municipio.

A adhesión do Concello, en febreiro de 2020, á iniciativa europea «Pacto das alcaldías para o Clima e a Enerxía» representa o compromiso do executivo local pola eficiencia enerxética, as fontes de enerxía renovables e por reducir as emisións contaminantes.

Loita contra a crise climática

Trala declaración de Emerxencia Climática e Ambiental en España, o goberno municipal decidiu tamén desenvolver liñas de acción que fagan fronte á crise climática e aproveitar os beneficios sociais e económicos que ofrece a transición ecolóxica para mellorar a calidade de vida de veciños e veciñas.

Esta acción de goberno materializarase nos próximos días coa visita de persoal técnico de Energal SL aos locais comerciais para coñecer o consumo enerxético coa fin de reducir o gasto eléctrico e deseñar a mellor estratexia posible. Só será necesario ter a man unha factura na que figure o consumo.

Uso de enerxías renovables

O alcalde, Pablo Diego Moreda Gil, adiantou que a intención do Concello tamén pasa por ampliar ao conxunto do municipio o uso de enerxía obtida a través de fontes renovables, unha política xa vixente nos edificios de titularidade municipal, e que, no seu momento, levou a Cedeira a acollerse á plataforma de contratación da FEMP para poder facelo.

O compromiso do executivo local co medio ambiente ponse así mesmo de manifesto tanto pola adhesión ao pacto polo clima como á política de substitución das lámpadas de Vapor de Sodio polas de tecnoloxías Led. Cabe recordar que tan só nas últimas semanas o goberno contratou proxectos que darán lugar á substitución de máis de 1.500 bombillas na zona rural e tamén urbana.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.