Mañá ábrese o prazo para solicitar as axudas do programa «Ferrol, Cidade Viva»

Cun importe total de 150.000 euros estas subvencións pretenden impulsar o tecido empresarial da cidade trala crise sanitaria sufrida
La hostelería abrirá hasta las 21.00 horas salvo en los concellos en nivel de máximas restricciones
La hostelería abrirá hasta las 21.00 horas salvo en los concellos en nivel de máximas restricciones

O prazo para presentar solicitudes ás subvencións de actividades de reactivación e promoción económica do Concello de Ferrol para o ano 2020 no marco do programa «Ferrol, Cidade Viva» estará aberto desde mañá, 28 de agosto, ás 00.00 horas ata as 23.59 horas do 10 de setembro. A presentación de solicitudes deberá realizarse unicamente a través da sede electrónica do Concello de Ferrol –https://www.ferrol.gal/Sede-. No taboleiro de anuncios da web municipal –https://www.ferrol.gal/Sede/TaboleiroAnuncios– están colgados os formularios de solicitude, xunto coas bases, a convocatoria e o extracto.

Axudas de ata 25.000 euros

O importe total das axudas é de 150.000 euros, dos que cada entidade poderá optar a un máximo de 25.000 para cubrir ata o 80 % do orzamento de gastos subvencionables. Están divididas en tres liñas: a primeira delas está destinada a actividades de dinamización da oferta comercial, hostaleira e dos mercados, co que se pretende estimular a compra no comercio local, a consolidación do sector hostaleiro e a súa revitalización e modernización a través de novas formas de venda e promoción, así como o apoio á revitalización dos mercados municipais como referente do comercio de proximidade.

A segunda ten como obxectivo as actividades de promoción e comercialización das capturas pesqueiras e marisqueiras co obxecto de promover o produto autóctono, a súa distribución e o seu consumo local.

Finalmente, a terceira liña dedícase a actividades de fomento do emprendemento, destinadas á promoción da cultura emprendedora, así como a formación e asesoramento de iniciativas emprendedoras.

Gastos cubertos

Entre os gastos subvencionables encóntranse os eventos, campañas e actividades dirixidas a promover ou incentivar o uso dos servizos dos sectores subvencionados, a dinamizar a oferta existente para fidelizar clientes, a apoiar as liñas de comercialización e promoción de produtos de calidade que permitan o seu asentamento no mercado local e á promoción de produtos ou eventos identificativos da zona e que contribúan á promoción económica e dinamización da cidade.

Tamén se atopan os cursos de formación, xornadas, exposicións ou accións similares dirixidos a mellorar a calidade dos servizos e a formación dos profesionais. Do mesmo modo, serán subvencionables a edición de material promocional da cidade para o seu uso no comercio, a hostalería e os mercados, a edición de material de difusión das actividades -coma cartelería, publicidade, etcétera-, os materiais funxibles precisos para a realización da actividade, os alugueiros de recursos e medios directamente relacionados co seu desenvolvemento e os gastos de xestión, organización e coordinación, cunha limitación de ata un máximo do 30 % do importe subvencionado.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.