Valdoviño súmase a PEL Reactiva, a liña de axudas para microempresas e autónomos

Dende a casa consistorial quixeron destacar que esta subvención de máis de 85.000 euros é compatible con outras postas en marcha polo propio Concello.
92303585_1865694393562965_7497849443715121152_o

A Xunta de Goberno Local aprobaba esta semana a adhesión á convocatoria da nova liña do Plan de Emprego Local -PEL- da Deputación da Coruña, PEL Reactiva. Unha liña de axudas dirixida á reactivación económica e social para paliar a crise xerada pola Covid-19 nas microempresas e persoas autónomas.

Os fondos poderán ser destinados, entre outras cuestións, a gastos de adaptación e acondicionamento dos negocios á nova realidade derivada da Covid-19, compra e instalación de mamparas, adquisición de produtos de limpeza e protección, así como a gastos correntes.

Unha vez aprobada a solicitude por parte da Deputación, o Concello anunciará a convocatoria para que microempresas e persoas autónomas poidan beneficiarse destas contías. A achega provincial constitúe o 80% da axuda total a distribuír, poñendo o Concello o 20% restante con fondos propios. Así, no caso de Valdoviño, o importe da cuantía das axudas ascenderá a 85.997,47 euros, dos que Deputación aportará 68.797,98 euros.

Liña de axudas compatible con outras

Nesta liña o alcalde de Valdoviño, Alberto González, explicou que esta liña de axudas si permite acollerse a outras convocatorias de subvencións, polo que considera que serán beneficiosas para os potenciais solicitantes. Liña de axudas que se sumará ás iniciativas propias postas en marcha polo Concello.

Entre elas, e no ámbito fiscal, paralizar o cobro do recibo do imposto de vehículos de tracción mecánica -rodaxe-; establecer, dacordo con Viaqua, medidas excepcionais en relación ao servizo da auga -entre elas, non cobrar o consumido dende o 13 de marzo aos negocios que pechasen a partir desa data, ampliar o periodo de pago voluntario ou suspender os cortes no subministro por impagos-; aprobar exencións no recibo do servizo de recollida do lixo para aquelas empresas e traballadores/as autónomos/as que se visen obrigados ao peche ou cese de actividade, ou mermada a súa actividade ou produción nun 70% a raíz do estado de alarma imposto polo Covid-19, ou activar o Plan Mellora de formación e acceso ao emprego.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.