Os datos deste venres 28 de agosto volven a ascender en Ferrolterra nesta segunda onda que estase a vivir. As últimas actualizacións amosan unha cifra total de 123 contaxios na área sanitaria de Ferrol, elevándose o número de contaxiados a catro en 24 horas.
Polo tanto, Ferrol segue a ser o territorio galego menos afectado polo paso do coronavirus, sendo Pontevedra -187- e Vigo -189- as seguintes zonas con menos positivos contabilizados. Porén, as áreas máis sometidas nesta segunda onda seguen a ser A Coruña -1.351-, Lugo -547-, Santiago 450- e Ourense -292-, sendo un total de 3.139 pacientes galegos contaxiados.
Ademais, a pesar de que o pasado martes coñecíase ao primeiro paciente ingresado pola Covid-19 na área de Ferrolterra, non tardou nin 24 horas en abandoar o hospital. Hoxe ese dato segue sen variar, polo que a área sanitaria de Ferrol é a única de Galicia que mantén os seus centros hospitalarios baleiros de coronavirus.
Ata o de agora o número de probas PCR realizadas polo complexo hospitalario de Ferrol é de case 25.000 tras a realización dunha media de 200 diarias. Cabe destacar que nos últimos sete días tan só un 3,8% das persoas sometidas ás probas arroxaron un resultado positivo, sendo esta a segunda porcentaxe máis baixa de Galicia por detrás de Vigo.
A maiores tamén se está a facer un rastreo exhaustivo de todos aqueles veciñas e veciñas que tiveron contacto cos novos contaxiados para evitar a propagación continuada do virus e proseguir con esta curva descendente, así como a realización de probas serolóxicas á docencia antes da volta ás aulas no Hospital Novoa Santos.