Segundo trasladou a Garda Civil, o Servizo de Criminalística de Madrid informou a última hora da pasada xornada da identificación do esqueleto atopado nunha finca de Cerdido e aos que se lle realizaron as correspondentes probas de ADN. Familiares de Yago da Puente trasladaron a información a través de redes sociais e tamén SOS Desaparecidos ratificou que o seu corpo foi localizado sen vida. Os restos óseos foron atopados nun monte situado no lugar Casanova, pertencente á parroquia da Barqueira, no municipio de Cerdido por un veciño que estaba buscando un dos marcos nas súas propiedades o mércores pola noite.
❌ DESACTIVADA#desaparecido #sosdesaparecidos #Missing #España #Ortigueira #ACoruña pic.twitter.com/HZB1nquzyT
— (@sosdesaparecido) August 28, 2020
Pronto saltaron as alarmas xa que fora nesa zona onde se lle perdera a pista ao mozo de coruñés fai algo máis dun ano cando volvía do Festival Celta de Ortigueira. Os investigadores seguen traballando en varios hipótesis para tratar de descubrir porqué Yago apeouse do tren en Cerdido e non en Ferrol, que era onde lle tocaba parar. Tralo testimonio de varias persoas que aseguraron velo vagando pola zona esa noite, activouse un dispositivo de búsqueda pola parroquia da Barqueira e os arredores que non deu localizado ao mozo.
É agora, máis dun ano despois, cando se pecha este caso da peor forma posible. A familia da víctima, especialmente o seu pai, estivo moi activo tanto nos medios como nas redes sociais durante todo este tempo, coa esperanza de que o mozo estivese todavía vivo. Foi precisamente él un dos primeiros en transmitir públicamente a luctuosa nova a través de Facebook. A familia recibiu nas últimas horas incontables mostras de agarimo e pesar polo faltal desenlace deste desconcertante suceso.
Hola a todos y todas,
Nos acaban de comunicar que los restos encontrados pertenecen a Yago.
Queríamos que la noticia…
Publicado por Jose Manuel en Viernes, 28 de agosto de 2020