A área sanitaria de Ferrol continúa aumentando a un ritmo de case 10 novos casos ao día o número de contaxios por coronavirus durante esta segunda onda. Con 9 novos casos rexistrados nas últimas 24 horas son xa 127 o total de doentes con Covid-19 e, por primeira vez desde o mes de xuño, hai dúas persoas ingresadas no Arquitecto Marcide con complicacións. A boa nova é que se deron cinco altas epidemiolóxicas desde onte.
Tras máis de 25.000 PRC realizadas desde o inicio da pandemia, cunha media de máis de 200 nos últimos dous meses, o total de casos detectados ata o momento é de 655, dos cales faleceron 33.