Continúan aumentando o número de veciños das comarcas contaxiados por coronavirus ao tempo que aumentan tamén o número de hospitalizados, que xa son 3, un máis que onte. En total, contabilízanse 631 casos detectados ata o momento, 13 máis que onte, dos cais o número de activos son 131. Nas últimas 24 horas déronse 9 altas epidemiolóxicas.
Estes números non se acadaban desde antes da desescalada. Habería que remontarse ata primeiros de maio, aínda en pleno Estado de Alarma, para atopar cifras similares. Desde que o Sergas ofreceu oficialmente rexistros de casos activos na área de Ferrol, que foi o 29 de abril, o máximo acadado foi de 159 pacientes contaxiados por Covid.
Mentres, o CHUF continúa co seu plan de detención temperá do Covid, co que xa leva realizadas máis de 25.000 PCR das cais só un 3% foron positivos nas últimas dúas semanas. Actualmente a meirande parte dos brotes están controlados e cada vez son máis os casos illados que apenas presentan sintomatoloxía.