Julián Reina reúnese cos veciños de San Xoán-Bertón para explicar o programa das obras na rúa Basanta

O concelleiro de Urbanismo e Infraestruturas mantivo un encontro coa veciñanza do barrio ferrolán para tratar unhas reformas cun importe de máis de 420.000 euros
3

O concelleiro de Urbanismo e Infraestructuras, Mobilidade, Vivenda e Rehabilitación, Julián Reina, mantivo na tarde do pasado sábado 29 de agosto unha reunión cos veciños de San Xoán-Bertón no local social da entidade veciñal para escoitar e atender as súas demandas ao tempo que explicarlles o programa das obras de reurbanización que o Concello de Ferrol vai executar na rúa Basanta.

Desenvolvemento das obras

O edil mostrou aos asistentes os planos cos novos trazados e resolveu as dúbidas expostas polos veciños. Reina anunciou que as obras darán comezo a próxima semana e o seu prazo de execución establécese en seis meses. Os traballos foron adxudicados o pasado 27 de xullo por 421.160,36 euros.

A segunda fase dos traballos de urbanización da rúa Basanta ten como obxectivo ampliar unha vía que nalgúns puntos non ten máis de catro metros de ancho, e que agora pasará a ter unha plataforma de 14, incluíndo dous carrís de 2,80, dúas bandas de  estacionamento de 2,20 e sendas beirarrúas de 2 metros. O tramo ao que afecta esta actuación supera o medio quilómetro de lonxitude.

Seguimento e avaliación dos traballos

Reina apuntou durante o encontro cos veciños de San Xoán-Bertón que o desenvolvemento da segunda fase da reurbanización da rúa Basanta analizarase periodicamente nas reunións semanais que mantén cos técnicos municipais do seu departamento. O concelleiro explicou que o recente reforzo da periodicidade das reunións técnicas de Urbanismo responde ao aumento da actividade da concellería. «Temos moitos proxectos en marcha e a vontade deste goberno é seguir avanzando pola nosa cidade mellorando o servizo que desde o departamento ofrecemos aos nosos veciños, e resolvendo con maior celeridade as súas consultas», finalizaba o edil.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.