Exactamente ás 15.38 horas de onte domingo 30 de agosto Axega 112 alertou ao Speis dun accidente de tráfico na zona urbana de Narón cun turismo implicado e do que a conductora non podía saír. De camiño ao punto indicado, o 112 informou que se asocia a este accidente á rotura dunha tubaría de gas de acceso ao inmoble contra o que chocou o vehículo e, polo tanto, da existencia dunha fuga de gas.
Unha vez na zona e acompañados pola Policía Local de Narón e os servizos de Urxencias médicas., os profesionais do Speis confirmaron que o vehículo siniestrado estaba na beirarrúa de acceso ao inmoble e que na súa traxectoria atopábase a conducción de subministro de gas ao edificio seccionada.
Atendendo ás circunstancias do servizo instaláronse dende un primeiro momento coordinadores de auga que minimizaran notablemente o risco no caso de inflamación da nube de gas que se atopaba activa. Esta medida facilitou realizar un rescate rápido e satisfactorio da persoa que estaba no interior do vehículo.
Unha vez liberada a persoa comezouse a traballar no corte do subministro á tubaría seccionada, un corte efectivo pasados escasos dous minutos dende a liberación da persoa e como consecuencia de ter que mover lixeiramente o vehículo para poder acceder ao corte, situado na beirarrúa de acceso á vivenda.
Realizado o corte do subministro e debido ao escape de gas que se rexistrou e afectou a todo o inmoble, levouse a cabo unha ventilación forzada dende o exterior. Con esta ventilación o SPEIS Narón eliminou posibles restos de gas introducido nas vivendas e, ao mesmo tempo, realizáronse as valoracións oportunas cos equipos pertinentes, sendo o resultado negativo aos poucos minutos de estar activa a ventilación.
A instalación de gas quedou totalmente inutilizada, avisando a técnicos da compañía que quedaban na zona para facerse cargo da reparación da tubería. No momento do sinistro só estaban ocupadas dúas das seis vivendas do inmoble, quedando sen abastecemento temporalmente. Dende o primeiro momento e ata que se controlou a fuga de gas confinouse ás persoas que estaban nos inmobles e evacuáronse para proceder a realizar a ventilación de todo o edificio.