Finaliza a sexta edición do certame de Pintura Rápida «Vila de Cedeira»

A ourensana Isabel Seidel convertiuse na gañadora deste ano, sendo a primeira muller que faise co primeiro posto do concurso artístico
Concelleira e xurado

A sexta edición do certame de Pintura Rápida «Vila de Cedeira» reuniu a un total de 19 participantes, resultando ganadora Isabel Seidel, de Ourense, cunha obra na que plasmou o carro do peirao vello, sendo esta a primeira vez que unha muller se fai co primeiro premio do concurso.

Lolo Serantes -Ponferrada- foi o segundo clasificado cunha paisaxe de natureza, mentres que Pío Costa Beiro -Noia- quedou terceiro cunha pintura do paseo da Marina. A concelleira de Cultura, Ermitas García Ríos, destacou tanto a elevada participación como a calidade das obras presentadas ao certame, o que «fixo moi difícil tomar unha decisión».

A edil explicou que calquera das obras gañadoras son perfectamente identificables con Cedeira, xa que se trata de promocionar a cultura pero tamén a localidade. O xurado estivo integrado polos pintores María Gisela Galván e Adrián Taracido e pola propia concelleira de Cultura. O Concello repartiu un total de 1.800 euros entre tres premiados, de maneira que o primeiro recibiu 800, o segundo 600 e o terceiro 400 euros, ademais dos diplomas correspondentes. Néstor López Casas foi a gañador da pasada edición e Andrés Gabarres Cagiao a convocatoria do ano 2018.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.