Estafas telefónicas en Cerdido aproveitando os gromos da Covid-19

A veciñanza local está a recibir chamadas telefónicas dunha empresa que supostamente afirma recolectar datos persoais para facer unha enquisa sobre o virus
118621836_2657830137878209_7221435128960790400_o

Dende o pasado 28 de agosto unha estafa telefónica que se está a producir na localidade. Segundo afirman dende o goberno local, varios veciños denunciaron unha estafa motivada polos novos casos de Covid-19 no municipio.

O Concello de Cerdido quixo mentir esta noticia, onde supostamente unha empresa está a colaborar coa administración local recabando información e datos persoais da veciñanza para facer unha enquisa e a maiores deixar material de prevención fronte o coronavirus.

Dende a casa consistorial insisten en que a xente sexa moi cautelosa á hora de aportar os seus datos persoais ante esta nova estafa que está aproveitando a actual crise sanitaria e a colaboración local para sacar lucrarse economicamente.

«Agradecémosvos tamén que informedes aos vosos veciños e veciñas que non teñen acceso ás redes sociais, sobre todo persoas maiores, para que tomen as medidas de precaución axeitadas. Grazas a todos pola vosa colaboración», advertían dende o Concello fronte a esta ameaza.

 

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.