Narón abrirá as bonificacións das taxas de recollida de refugallos, rede de sumidoiros e subministro de auga potable

Mañá 1 de setembro e ata o 20 do mesmo mes a xente que o necesite poderá solicitar estas axudas a través da Sede Electrónica ou do Rexistro Municipal
El Concello de NArón
El Concello de NArón

Narón abrirá mañá o prazo de solicitude das bonificacións das taxas de recollida de refugallos, rede de sumidoiros e subministro de auga potable para o ano 2021. As persoas que as soliciten, tal e como explicou a concelleira de Benestar Social, Catalina García, poderán facelo ata o día 20 de setembro -incluido-.

As instancias poden tramitarse a través da Sede Electrónica do Concello de Narón ou do Rexistro Municipal do Concello -neste último caso, de luns a venres, entre as 8.30 e as 13.00 horas-. Os impresos e a información ao completo sobre estas bonificacións poden solicitarse no Rexistro municipal ou no Servizo Sociocomunitario Municipal, no segundo andar do Consistorio.

A edil naronesa explicou que aquelas persoas que teñan concedida a bonificación para este ano e se atopen nas mesmas circunstancias que se teñen en conta para a citada concesión non é preciso que a soliciten de novo. No caso de que a situación variase ou teñan concedido o 50% da bonificación e cumpran agora os requisitos para que se lles recoñeza o 75% deben acreditalo para incrementar a bonificación.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.