Ortigueira ampliará a bolsa de emprego para a contratación temporal de auxiliares de axuda a domicilio

A partir de mañá 1 de setembro o goberno local realizará unha convocatoria extraordinaria para cubrir as vacantes actuais
residencia-de-ancianos-vitalia-expo_6204187_20200318191228

O Concello de Ortigueira vai realizar unha convocatoria extraordinaria de ampliación da bolsa de emprego para proceder á contratación laboral temporal de auxiliares do servizo de axuda a domicilio cando sexa necesario.

Segundo figura nas bases publicadas hoxe no Boletín Oficial da Provincia, recurrirase ás persoas inscritas na bolsa para cubrir vacantes ata a cobertura definitiva por parte de persoal laboral fixo, para substituír aos titulares en situación de excedencia ou suspensión de contrato e, por último, para atender o exceso de acumulación de tarefas na actividade normal do servizo.

As persoas que queiran formar parte desta bolsa de emprego terán que estar en posesión dalgún dos seguintes títulos: técnico/a en Atención a Persoas en Situación de Dependencia, técnico/a en Coidados Auxiliares de Enfermaría, técnico/a superior en Integración Social ou certificado de profesionalidade en Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio.

O proceso de selección dos aspirantes será o de concurso-oposición e o prazo de inscrición é de cinco días hábiles contados a partir de mañá 1 de setembro. As bases completas pódense consultar no Boletín Oficial da Provincia de hoxe: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/08/31/2020_0000005944.html

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.