A Escola de Música de Ortigueira sementa un gran éxito nas redes sociais

O centro acadou un gran recoñecemento neste periodo estival grazas ás diferentes redes sociais, e espera que no vindeiro curso escolar poida cubrir as prazas vacantes
80713711_1662825210526098_6325323548000780288_o

A Escola de Música do Concello de Ortigueira está de noraboa. Os programas que o centro desenvolveu a través da súa canle en liña de televisión, a EMCO TV, acadaron neste periodo estival un gran éxito nas redes sociais, conseguido máis de 11.000 visualizacións en Facebook e Youtube.

Tras realizar unha programación semanal orientada a divulgar a música feita en Ortigueira, a Escola de Música  conseguiu duplicar o número de subscritores na súa canle de Youtube e superar os 4.200 seguidores en Facebook.

Inicio do curso escolar

A EMCO está traballando xa no inicio do curso escolar, para o que se realizou a matrícula no mes de xuño, aínda que se abrirá unha nova convocatoria proximamente para que o alumnado interesado poida cubrir as vacantes dispoñibles. O centro contará así mesmo cun protocolo de medidas sanitarias para conseguir que as clases se leven a cabo nun contorno seguro e agradable.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.