A Xunta potencia as Fragas do Eume como destino turístico interno

O parque natural será unha das visitas seleccionadas do programa "Elixe Galicia", posto en marcha polo goberno galego
okfragas_eume_03

O parque natural das Fragas do Eume será un dos destinos seleccionados pola Xunta para o programa de turismo interno «Elixe Galicia». O goberno galego presentou esta iniciativa coa que se ofertarán 13.000  para potenciar o turismo dentro da propia comunidade en temporada medio ou baixa, no que finanaciará ata o 40% das estancias. Mozos con menos de 30 anos, familias con fillos menores e pensionistas maiores de 55 anos son os colectivos que poden aspirar a estas axudas.

O programa contará con catro modalidades de viaxe e será na de «Rutas pola Natureza» onde se incluirá a viaxe as Fragas do Eume. O paquete turístico terá unha duración tres días (dúas noites), en réxime de pensión completa, preferiblemente os fins de semana para os colectivos de mozos e familias. Para esta modalidade vacacional sortearanse 2.500 plazas e un total de dez itinerarios.

O aloxamento realizarase en hoteis da zona ou en casas rurais da comarca do Eume. Esta modalidade contará con servizos de guía acompañante especializado durante todo o circuíto, para que os visitantes poidan coñecer máis a fondo o parque natural das Fragas, polas que se realizarán dúas excursións ou algún tipo de actividade de turismo activo. O paquete inclúe tanto o transporte desde as catro capitais das provincias galegas, Santiago de Compostela, Vigo e Ferrol, como os desprazamentos que deban producirse durante os días que dura a viaxe.

A asignación de prazas realizarase por sorteo e os resultados publicaranse entre finais de marzo e comezos de abril. Os interesados deben abonar o 20% da cantidade que lles corresponde en calquera axencia de viaxes e nun prazo de tres días hábiles tras a formulación da solicitude. A totalidade da praza debe abonarse polo menos 60 días antes do comezo das vacacións.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.