Miriam Casillas disputará dous Mundiais esta fin de semana en Hamburgo

A olímpica do Triatlón Ferrol deberá dar negativo en dúas PCR para poder competir no Mundial individual e no de relevos mixtos
Miriam Casillas

A triatleta Miriam Casillas disputará esta fin de semana en Hamburgo dous campionatos do mundo: o individual e o mundial por relevos mixtos. A internacional do Triatlón Ferrol afronta con ilusión a novidade provocada pola pandemia de celebrar o mundial individual nun só día, en lugar de premiar a triatleta máis regular da temporada.

Baixo o modelo da regularidade, en 2020 Casillas logrou ser 37ª nas Series Mundiais. Non menos importante será o mundial por relevos mixtos, xa que será das poucas oportunidades nas que a selección española poda competir xunto ao máximo nivel antes da estrea deste formato nos Xogos Olímpicos de Toquio.

Para competir en Alemaña, Miriam Casillas deberá dar negativo nunha PCR realizada antes de viaxar e, de novo, noutra proba de Covid-19 a realizar en Hamburgo.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.