Neobel e Perfumerías Avenida abren finalmente a súa tenda de Ferrol

Este venres 4 de setembro fíxose realidade a apertura das dúas marcas fusionadas nun mesmo local, o emblemático establecemento de 5 pisos que noutrora ocupaba Zara
WhatsApp Image 2020-09-04 at 12.26.16 (2)

Este venres 4 de setembro sobraba a expectación producida pola aglomeración da veciñanza lindeira e os viandantes que pasaban pola Praza de Armas cando, o mítico establecemento que antaño ocupaba Zara, volveu a abrir as súas portas de novo ao público, esta vez para dar acubillo as perfumerías Avenida e Neobel. De feito, esta última franquicia pechou o seu anterior establecemento situado no número 36 da rúa Real para darlle a benvida á nova.

A macrotenda de Neobel e Perfumerías Avenida

O grupo salmantino Recio, que ten máis de 115 anos de historia, conta con máis de 200 tendas e máis de 950 empregados por todo o territorio nacional, é o propietario de ambas as dúas marcas sendo unha das maiores cadeas de perfumerías de España. Agora, o novo desafío foi o de fusionar estas franquicias nun só establecemento no centro de Ferrol, no emblemático local de cinco pisos situado xusto enfronte da casa consistorial.

Nos números 83-85 da rúa Real sitúase este xigante de 5 plantas dedicado á venta de produtos de perfumería, cosmética, maquillaxe, parafarmacia e coidado do fogar que a partir de hoxe xa está dispoñible para todo aquel que o precise.

Con esta nova incorporación a fai pouco inaugurada Praza de Armas está a coller algo de cor -e como non aroma- coa incorporación anterior da cafetería La Première, pero esta non será a última apertura, xa que a entidade bancaria CaixaBank anunciou o traslado das súas oficinas ao edificio que fai esquina entre a rúa Real e a da Terra, no antigo Hotel Ideal Room, prevista para o vindeiro luns 14 de setembro.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.