A ministra Carolina Darias achégase a Ferrol para presentar as novas axudas por danos por temporais

A ministra de Política Territorial e Función Pública quixo destacar a intensa labor das entidades locais e informar da axuda para paliar catástrofes naturais
_K8D3555-01

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, recibiu onte domingo 6 de setembro no pazo municipal á ministra de Política Territorial e Función Pública, Carolina Darias, na que foi a súa primeira visita oficial a unha cidade galega. Mato, Darias e o delegado deo Goberno, Javier Losada, mantiveron unha reunión de traballo durante a que trataron diversos temas de interese para Ferrol e a continuación tiveron lugar a recepción oficial e o encontro cos voceiros dos grupos municipais.

O acto concluíu coa firma da ministra no Libro de Ouro, o intercambio de agasallos co alcalde e a posterior comparecencia de ambos, durante a que o rexedor lle agradeceu a Darias que chegara a Ferrol «cos deberes feitos», en referencia ao anuncio que faría a continuación.

Pola súa banda, Carolina Darias agradeceulle á corporación, ao alcalde e aos voceiros de PSOE, PP, FeC e BNG o seu recibimento para, de seguido, dicir que é nos municipios onde a cogobernanza débese construír tamén tendo en conta ás entidades locais. Ademais, Darias explicou que a súa visita a Ferrol obedecía a dous motivos.

Maior protección ante catástrofes naturais

Un, pór de manifesto a preocupación polas entidades locais e recoñecer o gran traballo que realizaron para responder á pandemia, porque, ademáis, «as entidades locais teñen un papel fundamental na nova realidade». O outro motivo era dar a coñecer que o real decreto 778/2020, aprobado o pasado 25 de agosto, vai ampliar a resposta do Goberno ás catástrofes naturais ocorridas nos últimos meses.

Esta medida amplía o Real Decreto-lei 11/2019, de xeito que o Estado aportará 113 millóns de euros para paliar os efectos de ditas catástrofes, entre as que agora se inclúen os temporais Cecilia, Daniel, Elsa e Fabien, que durante o pasado inverno deixaron numerosos desperfectos en diversos municipios.

A ministra anunciou onte durante a súa comparacencia que en poucas semanas se vai abrir a convocatoria destas axudas, que cuibrirán o 50 % do custe das reparacións. O Concello de Ferrol ten xustificados ata o momento danos por 191.045,42 euros o que suporía unha aportación estatal de 95.522,71 euros. para levar a cabo as reparacións.

Reparacións en mente

Polo momento o emprego destes recursos irían destinados ao seguinte: redes de alumbrado público, pabillón de Santa Mariña, cuberta do estadio da Malata, talude do parque infantil de Doniños, instalacións náuticas da nave da Cabana, polideportivo da Malata, polideportivo Javier Gómez Noya, FIMO, piscina da Malata e desbordamento de auga en camiños municipais.

Tras a comparecencia ante os medios, o alcalde, a ministra e o delegado do Goberno fixeron un breve percorrido polo centro da cidade e desplazáronse ata o barrio de Canido para visitar algúns dos lugares nos que estes días os artistas están realizando as súas obras.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.