A área sanitaria de Ferrol acada o seu rexistro máis alto de positivos por coronavirus

Son un total de 159 os infectados por coronavirus en Ferrolterra, a mesma cifra que o pico máis alto contabilizado o pasado 29 de abril en pleno confinamento
Imagen de archivo de un test
Imagen de archivo de un test

Fora o pasado 29 de abril cando as cifras de pacientes positivos na área sanitaria de Ferrolterra chegaba ao cumio cun total de 159 casos detectados. Pois ben, pouco máis de catro meses posteriores Ferrol -segundo os datos actualizados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade- volve a chegar aos mesmos números que os acadados en pleno confinamento, pero a única diferenza é que agora atopámonos na «nova normalidade» sen someternos á que sería a segunda coarentena.

O pico do virus na área sanitaria de Ferrol

A pesar de que varios días atrás parecía que a curva de contaxios na área sanitaria de Ferrolterra estaba a disminuir, os novos datos arroxados hoxe luns 7 de setembro amosan todo o contrario. En comparación con onte -157 contaxiados-, as cifras aumentaron un total de dous novos contaxios, aínda que en verdade a cifra real correspóndese con 11, posto que houberon ata 9 novas altas médicas.

Porén, o dato negativo recollido onte domingo 6 de setembro foron os dous pacientes que se sumaron ao número de hospitalizados na área sanitaria de Ferrol, chegando á un total de 8 ingresados en unidades de hospitalización, fronte aos 151 que aínda continúan o confinamento domiciliario debido á pouca gravidade que reviste a súa situación. O número total de casos non activos ou curados é de 694.

Positivo na casa consistorial de Valdoviño

O pasado venres 4 de setembro coñecíase o positivo en coronavirus dun dos edís pertencentes ao concello ferrolán de Valdoviño, polo que inmediatamente os seus compañeiros abandoaron a casa consistorial para pasar a coarentena en casa mentres esperaban os resultados das PCR.

Hoxe mesmo coñecíanse eses resultados, arroxando todos os feitos ata o de agora boas novas, pois todos os resultados foron negativos, polo que só o actual concelleiro contaxiado contraxo o virus.

Mentres, neste panorama cheo de incertidume moitos colexios comezan a abrir as súas portas para acoller a unha morea de cativos nas súas respectivas aulas, cunhas estritas medidas de seguridade e hixiene seguindo os protocolos establecidos, aínda que sen ningunha efectividade ata o de agora, polo que haberá que esperar a ver como avanza a presente crise sanitaria para poder evalualo.

 

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.