Narón e Fundación Ingada firman un convenio de colaboración

A Fundación con persoas afectadas por Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade percibirá con este acordo un importe total de 2.500 euros
wpid-20141014_105953

Esta mañá do luns 7 de setembro a alcaldesa, Marián Ferreiro, e a presidenta da fundación, María Elvira Ferrer, asinaron un convenio de colaboración cun importe do ascendente ata os 2.500 euros. Esta contía permitirá continuar traballando dende o goberno local e a citada Fundación con persoas afectadas por Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade -TDAH-, e tamén coas súas familias, tal e como indicou a rexedora local.

A Fundación habilitou no ano 2018 en Narón, concretamente nas instalacións do Centro Municipal Manuela Pérez Sequeiros, un Punto de Asesoramento Familiar -PAF-. Dende o centro naronés profesionais nesta materia ofrecen -sempre con cita previa, que se pode solicitar na web: www.fundacioningada.net– varios servizos e actividades -asesoría xurídica, formación, grupos de axuda mutua…- ao colectivo con TDAH non só de Narón, senón de toda a comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

A alcaldesa valorou o traballo que se realiza dende este servizo ao longo do ano con numerosas propostas para axudar ás persoas con TDAH e ás súas familias, orientándoas e asesorándoas e, ao mesmo tempo, ofrecéndolles unha gran variedade de actividades.

Finalmente, Ferreiro recalcou que dende o Concello «continuaremos apoiando fundacións como Ingada, que poñen á disposición da cidadanía os recursos precisos para mellorar a calidade de vida do colectivo ao que atenden».

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.