Narón inicia un curso de formación de «Carnizaría-Chacinaría»

Este cursillo está pensado para a veciñanza maior de 18 anos desempregada e empadroada no concello, cunha duración total de 435 horas
1979230_854976444567713_1104620992181017161_o

Esta mañá do luns 7 de setembro a concelleira de Formación, Natalia Hermida, informou que o vindeiro mércores, día 9, abrirá o prazo de inscrición nun curso de «Carnizaría-Chacinaría», enmarcado no programa municipal de Formación.

15 prazas e 435 horas

En total haberá 15 prazas, dirixidas a persoas maiores de 18 anos desempregadas e empadroadas no Concello, que non teñan concedido outro curso do citado programa municipal de formación coincidente no tempo na realización.

Hermida explicou que o curso se impartirá do 23 de setembro ao 23 de decembro e terá unha duración total de 435 horas. As clases na aula impartiranse no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz e serán de luns a venres, entre as 8.00 e as 15.00 horas e as prácticas no horario que se determine, a razón de sete horas diarias.

A formación correspondente en obradoiros de empresas terá unha duración de 150 horas e as prácticas profesionais non laborais de 120 horas, que xunto coa parte teórica sumarán ese total de 435 horas.

Formación moi completa

Entre os contidos teóricos desta acción formativa o alumnado abordará temas como a Prevención de riscos laborais no sector cárnico -incluíndo un módulo da Covid-19-, Hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos, Cortes básicos de carnizaría, Produtos de chacinaría, Lexislación aplicable, Atención ao público, Módulos transversais sobre a Igualdade de xénero, o emprendemento e a sensibilización medioambiental e unha charla dun responsable de RRHH.

As persoas interesadas en inscribirse poden facelo a través do Rexistro Municipal do Concello, de luns a venres, en horario de 8.30 a 13.00 horas, e tamén na Sede Electrónica de Narón ou nos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

O prazo para entregar as solicitudes abrirá este mércores e rematará o vindeiro 16 de setembro ás 13.00 horas.
Para obter máis información pódese consultar a web do Concello, a Sede Electrónica ou chamar por teléfono ao Servizo Sociocomunitario, no 981 337 700 -extensións: 1108 e 1109-.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.