Desarticulada unha banda de estafadores que utilizaban o método «Vishing»

Un veciño de Mugardos sufriu esta estafa, onde os presuntos autores usurpaban os datos bancarios da vítima e realizaban as pertinentes transferencias bancarias
op_ cascada(1)

O equipo de Estafas Telemáticas da Garda Civil, en colaboración co Equipo ROCA da Garda Civil da mesma localidade e o Posto de Garda Civil de Torre Pachego -Murcia- desarticularon un grupo criminal e detiveron a un veciño de Murcia como o presunto autor de ata 18 delitos de estafa tras finalizar a operación Twypper.

A operación iniciouse tras detectarse varios casos coas mesmas características: páxinas de compraventa entre particulares e anuncios cunhas características moi concretas, onde o anunciante fose unha persoa maior con poucos coñecementos de Internet, habitantes de zonas rurais e co interés en vender o antes posible os seus obxectos anunciados.

Modus operandi

Tras ter á vítima localizada, os supostos estafadores buscaban realizar a transacción o máis rápido posible e poñíanse en contacto co anunciante. Posteriormente pediríanlle á vitima os datos bancarios necesarios para realizar o pagamento, e en ocasións solicitaban ata unha foto do DNI para comprobar que eran persoas físicas.

Xa cos datos no seu poder, procedían á apertura de contas telefónicas prepago, con contas online en entidades de escasas sucursais físicas e máis en plataformas de pago por Internet que permitiran a retirada de efectivo en establecementos comerciais, realizando a estas transferencias de diversas cantidades de diñeiro dende as contas das vítimas.

Tres componentes do grupo criminal

Finalmente a benemérita tras unha ardua tarea de búsqueda do grupo criminal, axudados polas numerosas vítimas denunciantes conseguiron desarticular a banda, composta por un total de tres individuos. En total levaron a cabo 18 delitos de estafa -efectuados en moitas localidades galegas ademais de Mugardos, como Oleiros, Betanzos ou Mabegondo-, 28 delitos de falsedade documental -pola contratación de contas bancarias online e telefónicas con identidades doutras persoas en ata 25 localidades diferentes.

Polo momento a Garda Civil só puido deter a un dos integrantes xa que os outros dous atópanse en paradeiro descoñecido. Así pois, procedeuse á detención do estafador como presunto coautor dos delitos enumerados, blanqueo de capitais e usurpación do estado civil, o cal foi posto a disposición do Juzgado de Instrucción nº 3 de Betanzos.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.