O Concello de Ferrol iniciou hoxe mesmo, 7 de setembro, o primeiro dos cursos formativos do programa Ferrol Cidade Inclusiva, un dos dous proxectos de emerxencia e inclusión social nos que as concellerías de Benestar Social e de Emprego, dirixidas respectivamente por Eva Martínez Montero e María Teresa Deus, veñen traballando desde hai tempo.
No día de onte comezou o curso Preparación para Competencias Clave, con 7 participantes, o máximo que permite o protocolo Covid-19. O curso permitirá aos integrantes que se preparen para, unha vez rematado, poidan acceder a unha formación máis especializada. O curso impartirase na Casa da Muller e rematará a mediados de novembro.
En total, serán 67 persoas perceptores da Risga ou familiares os que se beneficien do programa Ferrol Cidade Inclusiva, que, ademáis da inserción laboral, tamén ten como obxectivo o acompañamento destas persoas para que melloren a súa situación social.
O programa Ferrol Cidade Inclusiva inclúe outros cursos formativos, tamén co fin de facilitar o acceso ao emprego. No mes de outubro celebraranse no salón de actos do Edificio Social outros dous: Alfabetización Dixital e Prevención de Riscos Laborais.
Ferrol Acolle
O segundo programa posto en marcha polo Concello de Ferrol co fin de colaborar coa inserción social é Ferrol Acolle, do que se beneficiarán outras 25 persoas. Neste momento se está a preparar os grupos dos cursos, que comezarán no mes de outubro. A pesar de compartir o obxectivo de colaborar á integración social, este segundo programa presta especial atención á transición á vivenda.
Prolongamento de tres meses polo confinamento
Neste senso a edil, Eva Martínez Montero, vén de remitir un escrito á Dirección Xeral de Inclusión Social da Xunta solicitando a ampliación dos programas por un prazo de tres meses por o parón que supuxo o confinamento. Martínez, quen destacou a importancia deste tipo de programas para a inserción social de colectivos tan vulnerables como os perceptores da Risga ou aquelas persoas sen teito, lembrou que todos os programas de todas as administracións contan con prórroga pola declaración do estado de alarma.