A Deputación de Coruña financiará unha variante para salvar a curva do Rego de Tide de Cedeira

A institución provincial subvencionará integramente o acceso ó santuario de Santo Andrés de Teixido, para o que contará cunha partida de máis de 350.000 euros
Curva de Tide

A Deputación da Coruña axudará ao Concello de Cedeira a mellorar os accesos ao santuario de Santo Andrés de Teixido. A institución provincial financiará a realización dunha variante para salvar a curva do Rego de Tide, situada na estrada DP 2205 e cun complicado trazado que limita a velocidade dos vehículos a 30 km/h,  dificultando a circulación de autobuses turísticos e mesmo dos camións de reparto.

Subvención íntegra

O investimento supera os 350.000 euros e correrá integramente a cargo da institución provincial, polo que o alcalde, Pablo Diego Moreda Gil, sinalou a importante axuda que para Cedeira representa contar coa colaboración da Deputación para «eliminar un punto crítico da súa rede viaria, no que apenas se poden cruzar dous coches e moito menos dous autobuses».

Moreda Gil apuntou que desde o Concello seguirán apostando por mellorar a seguridade viaria tanto a nivel interno como con outras localidades, e recordou que no ideario do equipo de goberno está a creación dunha rede de sendas peonís polas que algún día se poida chegar a pé ou en bici ata o santuario de Santo André e outros puntos do municipio.

Constitución das obras

A obra levarase a cabo entre os PKs +920 e 1 +200 e consistirá na realización dun novo trazado ao sur do actual, que discorrirá en terraplén para salvar o desnivel do arroio de Tide con curvas amplas de 100 e 200 metros de radio e cunha velocidade de deseño de 80 km/h. A actuación, que se desenvolverá nun tramo de 230 metros, eliminará o problema existente e favorecerá o tránsito de veciños, turistas e subministros. O proxecto xa superou a supervisión técnica, polo que agora só está á espera da súa aprobación por parte do pleno provincial para que poida ser executado

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.