A rúa Curros Enríquez de Mugardos será de sentido único

A modificación do tránsito nesta zona está motivada para facilitar a entrada e saída do alumnado no centro educativo CPR Loyola
Tráfico Loyola

As concellerías de Mobilidade e de Obras e Servizos informaron este martes 8 de setembro dos traballos de adaptación da rúa Curros Enríquez a vía de sentido único, permitindo só o tráfico en sentido ascendente entre a Xesteira e Os Casás. Está previsto implementar o cambio na circulación a semana próxima coincidindo co inicio do curso escolar.

Os traballos iniciados no día de hoxe céntranse na modificación e mellora da sinalización vertical e horizontal, e o motivo principal da limitación do tráfico en sentido ascendente na rúa Curros Enríquez é a reorganización do tráfico na zona, especialmente complicado nas horas de entrada e saída do centro de ensino CPR Loyola, e que mellorará o nivel de seguridade tanto da veciñanza como dos membros da comunidade educativa.

Así mesmo, acabarase coa problemática xerada co acceso do bus escolar, que deixará aos rapaces diante do centro, evitando ter que cruzar a vía. Ademais, a Policía Local levou a cabo unha consulta entre a veciñanza para coñecer o nivel de aceptación, sendo  apoiada case co 90% dos votos veciñais.

O alcalde e responsable da área de mobilidade municipal Juan Domingo de Deus, quixo destacar que esta é a primeira das medidas presentadas na pasada comisión informativa de urbanismo, nas que o goberno municipal e a Policía Local traballan conxuntamente. O alcalde confirmou que os traballos do goberno municipal no ámbito da mobilidade teñen como prioridade a mellora nos accesos aos colexios mugardeses e xa se está a traballar nun programa de «camiños escolares seguros».

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.