O pasado martes 8 de setembro o famoso surfista galego Gony Zubizarreta amosaba a súa indignación pola desaparicón dunha das táboas coas que se dispoñía a practicar na praia de Valdoviño. O surfista publicou nas súas redes sociais unha fotografía da táboa para intentar atopala entre toda a comunidade surfeira de Ferrolterra.
Polo momento, a única pista que se ten do paradeiro da tan famosa táboa é unha última instantánea enviada ao perfil de Instagram de Gony Zubizarreta, na cal pódese observar como unha parella de persoas maiores está a abandoar a propia praia de Valdoviño coa tan famosa táboa. Descoñécese polo tanto se se trata dun roubo intencionado ou pola contra a parella levouna con eles porque pensaban que estaba desaparecida.
«Unha rabia… é que esa táboa a necesito. Aos que a colliches se necesitades unha táboa ata os agasallo unha se queredes pero por favor devolvédeme esa táboa», finalizaba Gony nun dos seus comunicados por redes sociais antes de que a movilización da comunidade surfeira comezara a facer o seu. Ata o de agora non hai máis noticias que a foto da parella, pero seguramente coa axuda de todos Gony poderá volver a montarse na tan preciada táboa unha vez máis.