Comeza o reparto das axudas á escolarización no Concello de Ferrol

Hoxe mércores 9 de setembro as familias beneficiadas poderán achegarse ao Edificio Social a recoller estas subvencións para adquirir material escolar
119056078_3286500228112776_2369947812851663560_o

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Benestar Social dirixida por Eva Martínez Montero, vén de anunciar que hoxe mércores 9 de setembro comezará o reparto das axudas á escolarización, das que finalmente se beneficiarán 521 menores da cidade. Será de 9.00 a 14.00 horas no Edificio Social -rúa Sánchez Barcáiztegui, 35- e segundo as medidas de seguridade que establece o protocolo Covid.

Tanto a listaxe definitiva das axudas á escolarización como as de comedor, das que se beneficiarán 284 menores, xa están publicadas na web municipal, no Taboleiro de Anuncios (https://www.ferrol.gal/arquivos/documentos/taboleiro/ListadoDefinitivo_LC2020%20(7).pdf).

A contía da axuda á escolarización ascende a 95 euros por neno para a adquisición de material escolar, incluído o informático, ou roupa deportiva. Con elo, «buscamos dar resposta ás necesidades escolares do alumnado cuxas familias manifesten estar a ter dificultades económicas que lles impidan facer fronte aos gastos do inicio dun novo curso», explicou a edil Martínez Montero. Pola súa banda, as axudas para comedor cobren a totalidade do custe das comidas dos escolares.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.