A cifra de contaxios en Ferrolterra non deixa de crecer: un total de 176 positivos pola Covid-19

Esta segunda onda está a traer á área sanitaria de Ferrol unha gran cantidade de infectados, aínda que non se rexistra tanta gravidade como na primeira
ab3582b2-308e-4573-8c13-3c41a15174e6

As cifras de coronavirus na área sanitaria de Ferrolterra non deixan de aumentar despois de que onte superárase a cifra récord rexistrada o pasado 29 de abril. Segundo os datos actualizados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, as cifras arroxadas nas últimas 24 horas supoñen un récord con respecto aos números acadados ata o momento, un total de 176 casos activos.

As cifras rexistradas hoxe mércores de setembro aumentaron un total de 6 novos contaxios, aínda que en verdade a cifra real correspóndese con 13, posto que houberon ata 7 novas altas médicas. Ademais, nesta nova xornada contabilízase un paciente que afortunadamente abandonou a unidade de hospitalización, sendo 7 hospitalizados e 169 confinados nos seus respectivos domicilios

Maior taxa de contaxios pero menos graves

A pesar de que parece difícil atopar algunha boa noticia nesta nova segunda onda de contaxios é certo que, a diferencia do mes de abril, non se produciu ningunha morte nin hai doentes nas unidades de coidados intensivos ata o momento.

Porén, o dato negativo recollido o pasado domingo 6 de setembro foron os dous pacientes que se sumaron ao número de hospitalizados na área sanitaria de Ferrol, chegando á un total de 8 ingresados en unidades de hospitalización, aínda que hoxe esa cifra baixou a un total de 7 hospitalizados. En conxunto, segundo as cifras amosadas nas últimas 24 horas, hai un total de 705 casos non activos ou curados, e mantense a cifra de falecidos, con 33.

Preocupación nas residencias de maiores

Un dos temas que máis manteñen en vilo á poboación lindeira nesta segunda onda de contaxios é o relativo ás residencias de maiores, xa que a mortalidade provocada polo virus acentúase a medida que aumenta a idade do infectado. Ademais, a preocupación xeneralizada incrementouse ao rexistrarse os dous primeiros casos de contaxios en varias residencias de maiores da comarca. A pesar diso, dos 33 falecidos contabilizados na área sanitaria de Ferrol tan só 3 de estas vítimas mortais estaban ingresadas en centros de día.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.