Inícianse os traballos de construcción dunha nova cuneta de seguridade na autovía Ferrol-Vilalba, no seu paso por As Pontes

Cun investimento de máis de 583.000 euros, substituirase a actual cuneta por unha nova para potenciar a seguridade viaria e a protección ambiental da contorna
image_gallery-1 (1)

A Xunta inicia os traballos de construción dunha nova cuneta de seguridade na autovía Ferrol-Vilalba, ao seu paso polo Concello das Pontes. Esta actuación, cun investimento de máis de 583.000 euros, conta cun prazo de execución duns seis meses.

A substitución da actual cuneta por unha nova ten por finalidade a seguridade viaria e, de forma significativa, a protección ambiental da contorna. En concreto, a intervención pretende minimizar os problemas actuais coas augas de escorrentía procedentes dos noiros e da mediana.

Ademais renovaranse as marcas viarias e repoñerase a sinalización vertical nos treitos nos que se vexan afectadas polas actuacións.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.