Unha ferida nun accidente de tráfico entre un turismo e un camión cisterna na FE-11 de Narón

O Speis de Narón tivo que acudir ao lugar dos feitos despois de que unha muller colisionara contra un vehículo de gran envergadura este mediodía
Accidente na FE-11

Hoxe mércores 9 de setembro o Speis de Narón tivo que intervir este mediodía nun accidente de tráfico rexistrado na FE-11, no vial de enlace do polígono da Gándara coa zona do Couto, en dirección á AP-9, despois de ser notificados ás 14.14 horas pola Axega-112 .

Ao chegar ao lugar do suceso os efectivos desta unidade observaron un accidente provocado por un turismo conducido por unha muller de mediana idade, a cal impactou fronto-lateralmente contra outro vehículo pesado que se atopaba realizando unha manobra de estacionamento na marxe dereita do vial tras detectar unha avaría.

A muller que conducía o turismo puido saír tralo impacto polo seu propio pé, pero aínda así a vítima necesitou ser atendida pola unidade sanitaria desprazada pouco despois de colisionar.

Fai uns intres os profesionais do Speis de Narón continúaban no punto dos feitos debido a que o vial tivo que ser pechado ao tráfico rodado, posto que os vehículos e os restos atopados polo firme obstaculizaban o tránsito polo citado tramo.

O equipo do Speis desprazado á zona controlou os líquidos e residuos que caeron no vial para evitar calquera posible incidencia a maiores, continuando á espera neste momento de que se retire o vehículo lixeiro da vía para poder reabrila á circulación.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.