Esta mesma mañá a concellería de Educación vén de anunciar a adquisición de dez dispensadores de xel hidroalcohólico de pedal para cada un dos comedores escolares dos dez CEIP de Ferrol: o Cruceiro de Canido, Esteiro, Recimil, A Laxe-Valón, Manuel Masdías, Pazos, Ponzos, San Xoán de Filgueira, Isaac Peral e Juan de Lángara.
«Trátase dunha moi boa solución evitar o contacto de mans dos escolares usuarios dos comedores no momento da súa desinfección agora que comeza o curso», especificou o edil encargado da área, Antonio Golpe. A compra destes dispensadores, que se poden recargar, supuxo un gasto municipal total de máis de 20.000 euros.
Esta medida anunciada hoxe polo concelleiro de Educación súmase ás postas en marcha para a xestión dos comedores escolares. «As familias deben saber que o Concello, dentro das nosas posibilidades, estamos a poñer todos os nosos medios para establecer comedores seguros», asegurou Golpe.