O Concello de Ortigueira vén de facer unha primeira entrega de material de protección contra a Covid-19 aos centros educativos do municipio, máis concretamente ao CEIP José María Lage, a galescola e ao IES Ortigueira, coa fin de que alumnado e profesorado poidan enfrontar o comezo do curso con seguridade.
Este material, segundo informou a concelleira de Educación e Cultura, María Belén Bello Castro, está composto por máis de 1.000 máscaras. A institución municipal preparará novas entregas a medida que sexa necesario tal e como vaia avanzando a situación nos diferentes centros escolares.