A cultura e o ocio veñen da man á Cariño nesta fin de semana

Varios espectáculos circenses e teatrais pensados para toda a familia encherán de troula á localidade sen deixar a un lado as medidas sanitarias
79588182_1863059767162406_8707464297585836032_o

O Concello de Cariño continúa coa súa aposta pola cultura de calidade e a cal está pensada para todo tipo de públicos. Para esta fin de semana están proxectados varios eventos, os cales atenderán en todo momento ás necesarias medidas de seguridade xeradas pola actual pandemia.

Programación da fin de semana

O primeiro destes espectáculos terá lugar na pista polideportiva de Feás, que acollerá o sábado 12 de setembro un espectáculo circense, Circo de Lume, que correrá a cargo de Asacocirco. Dará comezo ás 21.00 horas, nun evento que mestura técnica de danzas con malabarismos, manipulación, pirofaxia, humor e teatro directo co público.

Xa o domingo 13 de setembro dará comezo ás 12.00 horas a obra teatral Acuario, de Teatro Ghazafelhos e versado no libro homónimo de María Canosa. Será na pista polideportiva de Sismundi, e o obxectivo desta actividade é que os máis pequenos da casa achéguense á poesía en lingua galega, á vez que aprende os nomes dos peixes e descobre a riqueza biolóxica.

Medidas Anti-Covid

O aforo completarase por estrita orde de chegada e o Concello de Cariño poñerá a disposición xel hidroalcohólico para lavarse as mans antes de acceder ás cadeiras. Desde a administración lémbrase, con todo, a obrigatoriedade de usar máscara durante todo o espectáculo. Á súa vez, tomarase nota dos datos persoais aos asistentes para un posible seguimento en caso de saltar un positivo en Covid-19.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.