7.000 euros de axudas para o material escolar do alumnado de Cabanas

A administración local distribuirá esta cantidade entre os solicitantes dos diferentes centros públicos para fomentar a igualdade de oportunidades educativas
95386725_2930730940356375_593647983061368832_o-1140x570

O Concello de Cabanas, a través da Concellaría de Educación, vén de anunciar o seu programa de axudas para material escolar, un plan que pretende fomentar a igualdade de oportunidades no dereito á educación.

O Concello de Cabanas pon 7.000 euros a disposición das familias para a adquisición de material escolar nos niveis de Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Educación Especial nos centros públicos aos que acudan.

Diferenzas segundo os cursos

En educación infantil subvencionarase material didáctico e escolar até 90 €, cantidade que se incrementa até os 100 € en Educación Primaria, 150 € en Secundaria, 190 € en Bacharelato e até 200 euros en Centros de Educación Especial. Por outra banda, establécense axudas para material tecnolóxico até un tope de 400 euros por unidade familiar.

«Con estas axudas o Concello compensará a aquelas familias que polas súas condicións económicas teñan máis dificultades para afrontar os gastos derivados da escolaridade», sinalou a concelleira de educación, Diana Rodríguez.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.