O CEIP San Isidro de Neda esixe a contratación dun docente para cumprir o protocolo contra a Covid-19

O centro educativo demanda a Educación a incorporación dun novo membro ao profesorado xa existente, para así evitar incumprir a distancia de seguridade obrigatoria
AULA SAN ISIDRO

A comunidade educativa do CEIP San Isidro de Neda realizou esta mañá un acto reivindicativo nas aulas para demandar á Consellería de Educación que cubra a praza vacante cun mestre/a en 3º de Educación Primaria. Esta praza -contemplada no catálogo de postos do centro- evitaría unificar as aulas de 2º e 3º tal e como vén imposto dende a administración educativa.

Incumprimento das medidas de seguridade

Con esa decisión de Educación, os nenos e nenas desta aula non cumpren as distancias de seguridade establecidas como medida de prevención fronte á Covid-19. Así o constataron hoxe pais, nais, docentes e concelleiros do goberno municipal, que se uniron ao acto celebrado esta mañá.

Cada un deles ocupou un pupitre, amosando ás claras o escaso marxe entre as mesas. Un problema que pode ter grandes repercusións no centro educativo e máis alo, pero que pola contra ten unha fácil solución.

1 docente máis como solución

A incorporación do/a mestre/a que lle corresponde ao centro por ratio sería o necesario para evitar a xuntanza de ambas aulas, o que evitaría que o espazo supoñera un problema, algo que ten pouco sentido ao quedar  unha das aulas completamente baleira. A maiores, dende a comunidade educativa non se entende esa unificación porque ademáis de agrupar diferentes cursos e idades, estase a agrupar dous niveis diferentes.

Así, a carga horaria das diferentes materias non coincide. Ademais, a comunidade educativa solicita un docente de apoio, xa que a incorporación dun novo alumno con necesidades especiais nesa aula unificada obriga a unha atención permanente que agora deberá asumir o centro co persoal existente, e que non é suficiente. A comunidade educativa do CEIP xa trasladou a situación á Xefatura Territorial e continuará reiterando os seus escritos.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.